Centro de IRENEA
IRENEA, é un servizo de neurorrehabilitación de referencia en España, que conta con seis centros distribuídos na xeografía española, catro na Comunidade Valenciana, un en Andalucia e outro en Vigo.
O noso labor asistencial céntrase nas persoas con dano cerebral adquirido e outras lesións neurolóxicas, tanto en adultos como en nenos.
Nos nosos centros ofrecemos distintas modalidades de tratamento (hospitalización, tratamento ambulatorio e hospital de día) para axeitarse a cada unha das fases do proceso rehabilitador.
O noso obxectivo é alcanzar o máximo nivel de recuperación das funcións físicas e psicolóxicas para favorecer o máximo nivel de autonomía funcional e adaptación social, maximizando a calidade de vida do paciente con dano cerebral adquirido.